Por que? Por que? A expansión imperialista no s. XIX

Published: Jan. 12, 2017, 7 p.m.

EPISODIO 09. TEMPORADA 01
No último terzo do s. XIX as principais potencias europeas van consolidar un proceso de expansión territorial que os leva á creación de grandes imperios coloniais. O mundo, directa ou indirectamente, fica baixo o control de Gran Bretaña, Francia, Holanda, Portugal ou Alemaña, aos que se unen por primeira vez as potencias emerxentes de Estados Unidos ou Xapón, que van xogar un papel tan destacado nas seguintes décadas.
Neste episodio preguntámonos sobre as causas desta expansión territorial e por que aconteceu nesta fin de século XIX. Presentaremos os variados factores económicos, demográficos, políticos e ideolóxicos que os/as historiadoras sitúan detrás deste proceso que muda as relacións a escala mundial, e das que aínda vivimos as súas consecuencias. Como ben expuxo Lenin no seu libro publicado en 1917 “O imperialismo, fase superior do capitalismo”, a historiografía destaca os factores económicos coma os principais para a explicación deste expansión e consolidación de imperios coloniais no s. XIX.
Neste episodio facemos preguntas, ás que tentamos dar resposta. Mais tal como escribiu G. Bernard Shaw, gustaríanos poder dicir: “Algunhas persoas ven as cousas como son, e din: Por que? Eu soño as cousas que nunca foron, e digo: Por que non?”.


Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn).

A música permite seguirnos a facer preuntas, da man do grupo Va-Nu-Pieds, co extracto da cación “Pourquoi” https://www.youtube.com/watch?v=yeUNuAmZEO8; así como do moi coñecida peza de Annie Lennox, Why: https://www.youtube.com/watch?v=ORyhMwDUPPw