Metrópoles Delirantes 55

Published: June 13, 2016, 6 p.m.

Quincuaxésimo quinta emisión das Metrópoles Delirantes que comezamos falando da actualidade coas novas da bd a todo filispím. O Sr B colle o coche e pon rumbo a ningures e comeza unha viaxe que remata inscribindo na lista de imprescindíbeis o Cenizas de Álvaro Ortiz. Visítannos de novo Los Bravú o dúo polo que nunca agochamos a nosa debilidade, Dea e Diego, viñeron para falarnos de Mujer! o seu novo libro-obra de arte. E no final da viaxe, Xaime Lis o libreiro mutante de Komic coas novidades.