Metrópoles Delirantes 42

Published: Nov. 16, 2015, 8:20 a.m.

Voltamos pola Coruña e recuperamos nesta emisión o fanzineando para entrevistar a Xulia Pisón, unha das sorpresas que nos dou o Autobán e que ademais foi recentemente premiada no Certame Xuventude Crea. Nos imprescindibles do Sr B un cómic chegado dende Israel, La propiedad de Rutu Modan, gañadora do premio especial do xurado do ano pasado en Anguleme. Imos adentrarnos nos mundos de José Domingo, o autor de Pablo and Jane y la dimensión de los Monstruos que acaba de sair do prelo e que é un dos libros máis marabillosos do ano. E para rematar esta emisión, as novidades, inzadas de manga, que desta volta trae Toño dende Alita na Coruña.