Metrópoles Delirantes 35 - Especial Viñetas (Parte 2)

Published: Aug. 15, 2015, 10:10 a.m.

Segunda parte do especial que gravamos no Viñetas desde o Atlántico. Neste segundo programa falamos con Ana Miralles, unha autora de longa traxectoria que debutou profesionalmente na revista Rambla e colaborou nas revistas Madriz e Cairo. É autora da triloxía “Eva Medusa” con guión de Antonio Segura, coa que acadou o recoñecemento internacional, e dende 2001 traballa para a editorial Dargaud na serie Djinn, con guión de Jean Dufaux. Tamén é autora de De mano en mano (2009) e Wáluk (2011) ambos con guión de Emilio Ruíz có que actualmente traballa en “Muraqqa” da que xa publicaron unha entrega das catro previstas. E outro dos históricos que se achegou a Coruña este ano é José Antonio Godoy “keko”, autor que traballou para as revistas Madriz e Metal Hurlant, debuxou guións de autores como Ramón de España, Mique Beltrán ou Hernández Cava, ademais de realizar as súas propias obras como La isla de los perros, La casa del muerto ou cuatro botas có que obtivo o Premio á mellor obra do 2002 no Saló Internacional do Cómic de Barcelona.