Metrópoles Delirantes 30

Published: April 26, 2015, 11 p.m.

Volven os lembretes, nesta emisión, un personaxe que pasou de mero adorno a protagonista da súa propia serie de animación, A Pantera Rosa. Entrevistamos a Fernando Iglesias “Kohell” un histórico da bd galega que ademais de dar clase no Garaxe Hermético, ven de publicar a adaptación á bd do Dédalus en Compostela, a obra na que Vicente Risco axustaba contas con James Joyce. Astérix, o galo máis internacional e máis famoso da bd é o imprescindible do Sr B. As novidades chegan con Xaime Lis dende a libraría Komic de Compostela, coma sempre todo acompañado de música de calidade e risas.