Metrópoles Delirantes 29

Published: April 14, 2015, 7 p.m.

Dende a lonxana guerra fría, achegouse ata as Metrópoles Tomás Guerrero o autor de "A deserción de Stalin", unha historia de espías con final incerto. O imprescindible do Sr B é un personaxe que Van Hamme e Rosinsky crearon hai case 40 anos, hoxe anotamos na lista de imprescindibles a Thorgal, o vikingo que so quería vivir tranquilo. As novidades viñeron dende a libraría A Gata Tola de Compostela con Javi, mais desta volta, formamos un Dream Team e tamén estiveron connosco Xaime Lis da librería Komic de Compostela e Dani Xove para facermos a quiniela do saló. Todo sazonado con boísima música e moita risada.