Metrópoles Delirantes 25

Published: Feb. 9, 2015, 10 a.m.

Vixésimo quinta emisión das Metrópoles, cumprimos un ano, e para celebralo falamos cunha muller de risa contaxiosa, que nos namorou en segundos; Mamen Moreu, a autora de Resaca, un divertidísimo libro no que conta a vida de Marcela, e con moito humor vainos colando unha aceda reflexión sobre o futuro dunha xeración. O Sr B volve a viaxar no tempo para aterrar na Barcelona de finais dos anos cincuenta, o imprescindible desta volta é El inverno del debuxante de Paco Roca. JotaToys é unha tenda online de merchandising e memorabília que fundou hai uns meses en Vigo, Jota de Juan, falamos de figuriñas e comercio online con él. Ao comando das novidades voltamos a ter a Xaime Lis, unha eminencia na bd ó que sempre é un gusto escoitar. Todo ben aderezado con tonadas ben ye-yés e un final escollido polo mesmísimo Sr B.