Metrópoles Delirantes 24

Published: Jan. 26, 2015, 10 a.m.

Entrevistamos a un dos autores máis prolíficos e inquedos do panorama estatal, Albert Monteys cóntanos cousas da revista dixital “Orgullo y satisfacción” e tamén da súa aventura en solitario na ciencia ficción con “Universo”, un cómic tamén dixital no que Monteys sorprende e troca completamente de estilo. O Sr B anota nos seus imprescindibles a exitosa e multipremiada versión do arqueiro “Hawkeye” de Fraction e Aja. E voltamos ós fanzines e recibimos a visita de Cabeza de corte aéreo, un colectivo que edita o fanzine Ratuito ademais de facer exposicións e outras cousas que nos contaron. Todo feito con moito humor e músicas ben fermosas.