Metrópoles Delirantes 19

Published: Nov. 10, 2014, 12:01 a.m.

Nesta décimo novena emisión, voltamos a falar de fanzines con Cristian Fojón, un autor que vai dar moito que falar na bd. O Sr B celebra o 5 de novembro facendo imprescindible un cómic de Alan Moore e David Lloyd, V de Vendetta. Falamos co autor premiado co Premio Castelao de bd 2013, Fran Bueno, que veu para falarmos de "Catálogo Oneroso de Beleza Gratuíta", unha bd preciosa que hai que ter, aínda que a Deputación da Coruña a edite un ano tarde, cunha pésima distribución e nula promoción, unha magoa. No final as novidades que desta vez e por causa maior trae o Sr B. Coma sempre con musica fermosa e ben animada.