Metrópoles Delirantes 11

Published: June 11, 2014, 12:02 a.m.

Con Octavio Beares falamos da exposición de orixinais de bd que está a organizar no museo de Pontevedra. O Sr B fai imprescindible ó francés Manu Larcenet e os seus "Los combates cotidianos" pura poesía en cadriños. E tivemos unha boa conversa con Clara Soriano, recente premio á autora revelación no Saló de Barcelona polo seu "Colmado Sánchez". Coma sempre non faltan as novas da bd a todo filispín, as novidades editoriais, nin un dos ingredientes principais, a boa música.