Metrópoles Delirantes 10

Published: May 28, 2014, 12:02 a.m.

Comezamos coas novas a todo filispín, logo falamos con Manel Cráneo, un autor polifacético que debuxa, edita, guioniza, anima e ata interpreta música. O Sr B mete na listaxe de imprescindibles o "Trazo de xiz" de Miguelanxo Prado. Entrevistamos a Manuel Gago e falamos de "Vento e chuvia", a obra na que repite colaboración con Manel Cráneo, e tamén das peculiaridades deste libro que entra de cheo no "transmedia". Lembramos a serie de animación de Sherlock Holmes na que a man do mestre Miyazaki está moi presente, e rematamos coas novidades editoriais, coma sempre, con boa música e moita risada.