MD75 - Luis Bustos

Published: June 20, 2017, 11 a.m.

Abrimos programa a todo filispím, co Sr B e as novas da BD. Nos imprescindíbeis, anotamos unha obra recente e absolutamente saborosa, I.D. de Emma Ríos. Falamos con Luis Bustos das súas obras pasadas e da recente Puerta de luz, tamén de Kubrick, Haneke e o apocalípsis, porque somos uns culturetas de carallo. Javi veu dende a libraría A Gata Tola de Compostela cos libros máis interesantes.