MD67 - Alberto Guitián

Published: Feb. 26, 2017, 4 p.m.

Abrimos coas novas da BD a todo filispím. Nos imprescindibéis lembramos a un autor cheo de sensibilidade co Sky Hawk do mestre Jiro Taniguchi. Embarcamos na dorna ao gran Alberto Guitián, un nome esencial na da BD galega, autor de obras marabillosas como Fito e Pita ou o circo Lorza, compartimos viaxe e moitas risadas e pechamos coas novidades que trae Javi, dende a libraría A Gata Tola de compostela. Rematamos cunha fermosa tonada que queremos dedicar á certa asociación de avogados coruñeses, a un señor con apelido de escritor pero con moi poucas letras e a Aurora de Lugo unha señora “de mal gusto y de poca sensibilidad”.