De Leria con Borja Crespo

Published: Nov. 10, 2015, 8:20 p.m.

Programa especial no que falamos moito tempo e de moitas cousas co inefable (di él) Borja Crespo. Crítico, divulgador e dinamizador cultural, director de cine e videoclips, fancineiro irredento e militante e unha morea de cousas máis, repasamos moitos dos traballos que fai, falamos sen cancelas e de case todo, na segunda parte únese Manel Cráneo e comeza o “despiporre”. Gravado no bar La Maleta de Coruña aos que agradecemos a súa colaboración.