Vén á VI Noite Efervescente en Guitiriz

Published: Oct. 3, 2018, 10:50 p.m.

A “VI Noite Efervescente” terá lugar en Guitiriz o sábado 6 de outubro. Comezaremos gravando entre 20 e 21h un especial Efervesciencia desde a Casa Habanera de Guitiriz aproveitando a conmemoración do World Space Week, evento global no que participa a Noite Efervescente. E ás 22 h. gozaremos dunha observación pública do ceo desde a Área Recreativa de San Xoan da man dos nosos estreleiros, Martin Pawley, Irene Baspino e Borja Tosar. Unha festa familiar da astronomía para todas as idades na que contamos como invitados especiais os amigos das asociacións Aspaber e Amipa. Agardámoste! Programa e localizacións da VI Noite Efervescente De 20 a 21 h. Recepción. Gravación de Efervesciencia na casa Habanera de Guitiriz (Localización) De 21 a 22 h. Tempo de cea libre De 22 h a 24 h. Observación pública na área recreativa de San Xoan (Localización). Gravación da segunda parte do programa de radio. A actividade é apta para calquera tipo de público e idade (menores acompañados). Pódese asistir o tempo que cada quen desexe. Recoméndase levar roupa de abrigo á observación nocturna (sempre é mellor levar roupa de abrigo de mais que de menos). Levar bebidas quentes á observación tamén é unha boa opción. “Noite Efervescente” é unha iniciativa do programa Efervesciencia da Radio Galega-USC e os seus «estreleiros», e no que colabora a Agrupación Astronómica “IO”, a Liga Provincial de Clubs de Ocio de Persoas con Discapacidade Intelectual da Coruña e o Concello de Guitiriz. Nesta edición a “Noite Efervescente” está adherida a World Space Week