"Os curandeiros de África, aquí son os do 5G e as vacinas" César Muñoz Fontela [Versión estendida]

Published: Jan. 16, 2021, 6:41 p.m.

[Versión estendida en podcast] O virólogo César Muñoz Fontela coordina a mais de 200 científicos de todo o mundo dentro do grupo de Modelos Animais do proxecto R&D Blueprint da OMS. Logo dunha maratoniana videoconferencia de 6 horas onde estes expertos analizaron as novas variantes do SARS-COV-2, César tivo tempo de atender desde Hamburgo (Alemaña) a chamada de Efervesciencia para conversar das novas cepas, o estado das vacinas que están por vir, a equidade na vacinación entre os diferentes países e o papel dos modelos animais. No seu traballo de campo en África co ébola e laza, Muñoz Fontela ten atopado reticencias e rumores tales como “os europeos veñen aquí a roubármonos ós órganos”. Argumentos que no fondo son moi semellantes ao “o virus o causa o 5G”