"Non se poden crear anticorpos para a Covid sen ratos" África Gónzalez

Published: Oct. 10, 2020, 1:12 p.m.

Se houbese un tratamento eficaz contra a Covid e fose creado utilizando experimentación con ratos de laboratorio habería que prohibilo? Isto non é unha ficción, unha recomendación da Unión Europea veta a creación de anticorpos monoclonais empregando estes animais. Hai proxectos que corren o risco de paralizarse. Esta semana unha carta en Nature Methods alerta que na actualidade non existen alternativas viables para a creación destes anticorpos de alta especifidade que teñan como obxecto curar doenzas en humanos. Un exemplo da utilidade destas investigacións é o tratamento que ven de recibir Donald Trump. Conversamos con África González sobre anticorpos monoclonais, e tamén sobre os novos test de antíxenos. www.efervesciencia.org