Noite Efervescente e Astrogalicia 2016

Published: Oct. 7, 2016, 4:34 p.m.

Presentamos a Noite Efervescente e o Astrogalicia 2016, dúas actividades de astronomía para todos que han ter lugar no observatorio astronómico de Cotobade da agrupación Sirio e no Náutico de Castrelo de Miño. Noite Efervescente é unha iniciativa do programa Efervesciencia da Radio Galega e os seus «estreleiros», e no que participan a Agrupación Astronómica IO e Sirio,e a Liga Provincial de Clubs de Ocio de Persoas con Discapacidade Intelectual da Coruña. A Noite Efervescente 2017 terá lugar no observatorio de Cotobade o sábado 8 de outubro ás 22 h. Estades todos invitados.