'Fixemos a luz e perdimos a noite' con Emilio Sánchez Barceló

Published: June 15, 2018, 11:52 a.m.

Os actuais sistemas operativos de ordenadores e dispositivos móbiles comezan a incorporar opcións automáticas pra que cando chegan as horas da noite as pantallas se iluminen con tons mais alaranxados. Isto é así porque agora sabemos que á luz que ten un compoñente maioritario azul, a que en parte anulan estas aplicacións, é interpretada polo cerebro como un sinal de é de día e tes que te espreguizar. Este é un exemplo de como pouco a pouco a cronobioloxía esta a facerse oco na sociedade actual. Conversamos sobre cronobioloxía e contaminación luminosa con Emilio Sánchez Barceló, catedrático da fixioloxía humana da Universidade de Cantabria e autor do libro: "Hicimos la luz... y perdimos la noche".