Estudan as cidades de bacterias que tes na boca

Published: Nov. 7, 2016, 8:49 a.m.

Os biofilms que crean as bacterias nas nosas bocas son como cidades en miniatura. Se queremos probar a efectividade dos antisépticos orais non abonda, como agora, con ensaialos nunha cápsula petri. Cómpre facelo "in sito" instalando dispositivos na boca. A doutora Isabel Prada cóntanos que con este método os resultados difiren do que se coñecía ata agora.