Efervesciencia no "Open Science Cambre"

Published: Oct. 3, 2018, 11:01 p.m.

Iniciamos tempada desde o "Open Science Cambre" onde coñecemos que é o biohacking con Cristina Hernández do BIFI de Zaragoza. Tamén conversamos con José Viñas (profesor do IES David Buján de Cambre), Hugo (director da "Open Science Cambre"), María Luque (participante na feira, instituto Kursaal de Algeciras) e Cristina Pavisic (Instituto de Instrución Superior Galileo Galilei de Jesi-Italia).