Efer 639 (21-6-23): Voamos sobre Lugo con @aberron e @borjatosar

Published: July 19, 2023, 11:05 a.m.

(2:11) Levamos por sorpresa ao xornalista Antonio Martínez Ron a voar sobre Lugo nunha avioneta pilotada polo noso colaborador Borja Tosar. A mellor escusa para falar do seu libro "Algo nuevo sobre los cielos" (32:09) Anunciamos a vindeira "Regueifa de Ciencia" dedicada aos eólicos e a súa compatibilidade co medio ambiente. (34:50) A Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica - Divulgacción en colaboración co Consello da Cultura Galega promove o proxecto Voces de Ciencia de recuperación da memoria sonora dos nosos investigadores e investigadoras galegos xa xubilados. Unha ollada ós protagonistas da ciencia galega do século XX na voz en primeira persoa dos seus protagonistas. Dentro deste proxecto hoxe imos coñecer a vida do químico Luis Castedo contada por el mesmo. www.efervesciencia.org