Efer 637 (7-6-23): Damos a cara pola ciencia, retrato robot desde o ADN

Published: July 19, 2023, 11:03 a.m.

(2:29) Operarse tendo menstruación con Laura Veiga, @PingandoG (13:18) Imos dar a cara pola ciencia. Visitamos o Instituto de Ciencias Forenses Luís Concheiro da USC para someternos como voluntarios no proxecto Face-Fit. Donamos unha mostra de ADN e realízannos unha foto 3D. O obxectivo é construír unha base de datos que permita dar as pautas para reconstruír o retrato robot dunha persoa a partir dunha mostra do seu ADN. Face-Fit está facendo un chamamento para conseguir máis voluntarios, especialmente homes. Conversamos con Elena Freire Aradas e Adrián Ambroa. (46:04) O programa "Fábrica Intelixente" abre a súa 5ª edición. Cóntanolo Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación, GAIN. (52:48) Avance da Noite Efervescente. www.efervesciencia.org