Efer 633 (10-5-23): Galiciencia 23

Published: July 19, 2023, 10:05 a.m.

(0:01) e (50:03) Acudimos á nosa cita anual con Galiciencia, a maior feira científica de Galicia que organiza Tecnópole. Conversamos con Jesús Bande, Nieves Lorenzo, Lourdes González Sotelo, Ana PIñeiro Sotelo, Miguel Leiva, Vicente Mohedano, Javier Taibo e Sabela Bouzo. (40:39) Amena Karimyan é unha nova enxeñeira civil. Como afeccionada a astronomía fundou en 2018 unha asociación astronómica composta por unhas 70 mulleres. Chamáronlle á asociación "Kayhana", que en persa significa "Pequeno Universo". A principios de 2021 Kayhana gañou o concurso "Telescopios para todos" da Unión Astronómica Internacional. E así foi como recibiron un telescopio con inscricións das sinaturas de varios premios nobel. Todo truncouse en agosto de 2021, cando os talibáns volveron ao poder logo de 20 anos. O país de Amena é Afganistán. Unha terra que tivo que deixar para que non a matasen. Inicialmente acolleuna Austria, pero revocáronlle o visado. Agora vive en Alemaña. Falamos con Amena na Coruña onde impartiu unha charla na Domus.