Efer 615 (28-12-22): Descubrindo a Rof Codina

Published: Jan. 2, 2023, 4:03 p.m.

(1:30) Juan Rof Codina foi escollido pola Real Academia Galega de Ciencias como homenaxeado no día da Ciencia en Galicia 2022. A persoa que mais sabe de Rof Codina é o doutor en historia da veterinaria Diego Conde. Rof Codina foi todo un pioneiro na divulgación da veterinaria, creador da raza rubia galega e impulsor do cooperativismo agrario. (16:48) Na Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo da USC custódiase o fondo Rof Carballo. Amósanolo a súa directora Julia Cantalapiedra. (23:55) Seguimos a coñecer a Rof Codina da man de Diego Conde (35:53) Coñecemos ós tres monólogos vencedores do concurso "Ciencia Calidade" na voz dos seus creadores: Antonio Cagide, Uxía Yáñez e David García Dios. www.efervesciencia.org