Efer 612 (14-12-22): Analizar sintacticamente o Quixote en 10 segundos

Published: Dec. 24, 2022, 5:30 p.m.

(2:18) As paisaxes sonoras ricas en sons de paxaros poden axudar á saúde mental das persoas. Nolo conta o noso paxareiro Nacho Munilla. (12:42) Carlos Gómez, catedrático de Ciencias da Computación da UdC, estuda como mellorar a compresión da nosa linguaxe por parte das máquinas. Para isto é necesario analizar sintacticamente as oracións. Computacionalmente este proceso é custoso. Para democratizar o acceso a esta tecnoloxía o grupo de Gómez creou un algoritmo que é quen de analizar sintacticamente todo o Quixote en 10 segundos. (38:56) O equipo de José Manuel Alonso, College de Optometría da Universidade do Estado de Nova York, vén de publicar en Nature Communmications un modelo de como se poden integrar no córtex cerebral os distintos mapas visuais que producimos cando vemos.