Efer 579 (22-12-21): "Descubrimos ca hepatite B activa o reloxo do cancro de fígado antes do que se pensaba

Published: Jan. 18, 2022, 9:38 p.m.

(2:20) Levamos os nosos micrófonos ao CIMUS na Universidade de Santiago para visitar o grupo de "Enfermidades e Xenoma" que lidera José Tubio. Conversamos coas investigadoras Paula Otero, Eva García Álvarez e co propio Jose Tubío, que vén de gañar o premio nacional de investigación en cancro Doutores Diz-Pintado. Acaban de publicar en Nature Communications un traballo que demostra que o virus da hepatite B activa o reloxo do cancro de fígado ata 20 anos, ou máis, de que se detecte o tumor. Explícannos como funcionan os reloxos moleculares, e mesmo os atrancos que tiveron que superar á hora de publicar esta investigación. (24:19) Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación, preséntanos o programa de impulso a innovación nas Pemes 21-22. Unha das empresas participantes no "Camiño da Innovación" de GAIN é Ecoplas Barbanza (45:36). O seu responsable de negocio, Anxo Vidal, fálanos dos proxectos de innovación que ten enfrontado esta PEME que comezou fabricando redes de enmallado para mexilón. www.efervesciencia.org