Efer 575 (24-11-21): O fármaco eficaz contra a artrose era un antidepresivo

Published: Jan. 5, 2022, 12:49 a.m.

(2:30) Non estás só contra os malos cheiros, a ciencia cidadá vén ao rescate. A enxeñeira química catalano-galega Rosa Airas gañou o premio Prismas 2021 ao mellor proxecto singular de divulgación científica pola creación da aplicación Odour Collect. Os malos cheiros son un problema ambiental moitas veces esquecido polas autoridades e mesmo polos científicos. (19:39) O grupo de Patoloxía Muscoloesquelética do IDIS (Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela) vén de publicar en British Journal of Pharmacology os resultados do proxecto "Stop Artrose". "Stop Artrose" foi un proxecto de micromecenado en Precipita.es para conseguir fondos para rematar unha investigación de reposicionamento de fármacos contra a artrose. Dous anos despois de solicitar a colaboración da cidadanía na súa investigación os membros do grupo de Patoloxía Musculoesquelética dan conta á sociedade explicando como foi o proceso que lles levou a identificar un antidepresivo como tratamento contra a artrose e a gora. Desde o seu laboratorio do IDIS conversamos con Rodolfo Gómez, Ana Alonso e Eloi Franco. (45:01) Laura Veiga (@PingandoG) explícanos o que se sabe sobre se existe relación entre insomnio e ciclo menstrual.