Efer 547 (18-2-21): Equalsea: O proxecto europeo para crear un mar equitativo cos grupos vulnerables

Published: March 8, 2021, 11:10 p.m.

[3:14] Previa da amartizaxe de Perseverance con Javier Pedreira “Wicho” [16:43] O investigador de economía aplicada da USC vén de conseguir co proxecto Equalsea unha cotizada axuda Consolidator Grant da UE para estudar como facer máis equitativos os beneficios dos océanos. O proxecto levarase a cabo en 5 anos en Galicia, a Amazonía e en África. [43:36] Co virólogo César Muñoz Fontela inauguramos sección: “Habelos hainos: historia dos virus”. Neste primeiro capítulo viaxamos de África a Estados Unidos coa febre amarela. César Muñoz Fontela traballa actualmente para a OMS desde Hamburgo (Alemaña) na loita contra a Covid.