Efer 546 (11-2-21): E se houbese partículas que se escapan aos detectores do LHC?

Published: March 7, 2021, 6:01 p.m.

(4:04) O profesor da Facultade de Medicina da USC Antonio Salas é xenetista de poboacións. Federico Martinón é o xefe de pediatría do CHUAC e infectólogo. No seu grupo levan anos investigando o xenoma dos doentes que sofren infeccións. Veñen de escribir a Science unha carta achegando novas análises ao papel dos supercontaxiadores. (17:59) En ciencia hai cousas que non se atoan ata que se buscan. Os detectores do LHC en Xenebra non están deseñados para rexistrar a existencia de partículas de longa vida. Xabier Cid (IGFAE-USC) coordina a posta en marcha do novo detector CODEX. De atopar estas novas partículas hipotéticas, estás quedarían encadradas alén do Modelo Estándar e mesmo poderían achegar algo de luz sobre a natureza da materia escura. (37:51) Pode influír a polarización da sociedade no grado de cumprimento das normas sanitarias contra a pandemia? A esta pregunta dá unha posible resposta unha publicación do Grupo de Física non Lineal da USC en Scientific Reports empregando as chamadas redes complexas. Para construír o modelo da sociedade empregaron a rede social twitter. Conversamos con Alberto Pérez Muñuzuri. www.efervesciencia.org