Efer 524 (23-7-20): A dixitalización fortalece a democracia?

Published: Aug. 3, 2020, 4:50 p.m.

(1:52) No mundo actual hiperconectado adoitamos pensar que a mais dixitalización maior democracia e transparencia. Pero que din os datos? O doutor en Ciencias Políticas Suso Baleato publicou un estudo en Science en 2016 que analiza este fenómeno. (26:03) Na sección dedicada a GAIN, a Axencia Galega de Innovación, coñecemos o papel das plataformas aceleradoras de innovación. (30:10) Desde a Casa Museo de Rosalía de Castro o noso estreleiro Martin Pawley conversa con Anxo Angueira. Deste xeito coñecemos o ceo nocturno que non nos podemos perder este verán. Estade moi atentos ás recomendacións de hixiene ante a Covid Como complemento, Irene Baspino e Martin Pawley da Agrupación IO prepararon esta guía visual que nos pode ser de valiosa axuda para nos orientar no firmamento estival. http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2020/07/O-ceo-do-ver%C3%A1n-EFERVESCIENCIA-2020_v3.pdf