Efer 501 (8-1-20): Heroes científicos

Published: Jan. 8, 2020, 11:43 p.m.

Continuamos contando e cantando a mellor ciencia do ano desde o Paraninfo da USC acompañados co piano de Juanjo Fernández e os nosos colaboradores. César Muñoz Fontenla traballa nun laboratorio de máxima seguridade P4 en Hamburgo e tamén sobre o terreo en África. Este virólogo galego investigador do Instituto Bernhard-Nocht de Medicina Tropical analiza para nós os avances contra o ébola. O químico da USC Fran Rivadulla explícanos por que as baterías dos móbiles non estoupan e o traballo do seu mestre, o Nobel John Goodenough.