Efer 483 (19-6-19): Breaking Bad a ollos dun químico

Published: July 3, 2019, 11:45 p.m.

Bernardo Herradón comparte co protagonista de Breaking Bad o feito de ser químico orgánico e emprendedor. Este investigador científico do Instituto de Química Orgánica Xeral do CSIC tamén é un divulgador entregado e apaixonado. Con el repasamos a boa química de Breaking Bad e dámoslle unha nova ollada á Táboa Periódica (2:20) O Turismo Científico chega aos cursos de verán da USC da man do selo Observer. Reportaxe con Jorge Mira, Maite Vence e Luisa Martínez. (28:45). José Manuel Alonso aténdenos desde a cidade do rañaceos onde é investigador en optometría na Universidade Estatal de New York. O seu grupo ven de propoñer un novo tratamento do ollo vago a partir das súas investigacións básicas. A cuestión está en mirar ao ceo... (35:20).