Efer 479 (22-5-19): Telescopios nos ollos e outros inventos reais para ver mellor

Published: May 26, 2019, 10:26 p.m.

O pasado 15 de maio celebrouse en Santiago de Compostela o acto oficial de conmemoración do Día Internacional da Luz. Un dos convidados poñentes ao evento que tivo lugar no Hostal do Reis Católicos foi o catedrático de Óptica da Universidade de Murcia Pablo Artal. Algúns dos inventos e achados do equipo de Artal empréganse en todo o mundo para mellorar a visión das persoas. Na sección de “Muller e Ciencia” de Joana Magalhaes conversamos con Marta Macho. Esta profesora de matemáticas da Universidade do País Vasco botou a andar hai 5 anos a wweb “Mujeres con Ciencia”. No primeiro instante despois do Big Bang o noso universo sufriu unha expansión hiperacelerada nunha quintillonésima parte de segundo. Neste lapso o universo aumentou nun proporción análoga a que ocorrería se unha habitación de 10 m2 medrase ata ocupar todo o universo. Este fenómeno coñécese como inflación cósmica. O investigador do Instituto Galego de Altas Enerxías José Edelstein vén de gañar unha mención no premio da Gravity Research Fundation ao propor un mecanismo alternativo á explicación tradicional deste fenómeno.