Efer 441 (3-6-18): O prion e o cepillo de dentes de Mr. Prusiner

Published: June 3, 2018, 2:58 p.m.

Infiltrámonos no congreso mundial Prion 20018. Un dos puntos quentes do encontro foi a discusión sobre se as doenzas neurodexenerativas como o alzhéimer ou párkinson se deben denominar como enfermidades priónicas. Para o nobel Stanley Prusiner é claro, pero a comunidade científica está dividida. Da man de Jesús Requena, investigador do CIMUS da USC e líder do grupo de prions, coñecemos os últimos achados entorno a estas proteínas malformadas infecciosas. Contamos con declaracións de Juan José Badiola (Presidente do Consello Xeral de Colexios Veterinarios), Raquel Sánchez del Valle (Unidade de alzhéimer e trastornos cognitivos do Hospital Clínico de Barcelona), Joaquín Castilla (CIC bioGUNE), Juan Mª Torres (INIA) e o nobel Stanley Prusiner. Coñecemos a spn-off Ancora da Universidade de Vigo e programa Ignicia da Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia.