Efer 439 (20-5-17): 36 anos de cultura desde a aldea de O Couto

Published: May 24, 2018, 9:36 p.m.

Na aldea de O Couto na Fundación Eduardo Pondal levan 36 anos organizando o Festiletras, unha escola de resistencia cultural. Agora incorporan tamén a cultura científica. E alí nos fomos os de Efervesciencia. Coñecemos ao decano dos ornitólogos galegos, José Luis Rabuñal Patiño, que leva 4700 días de observación no esteiro do Anllóns. Falamos con José Viñas, profesor do IES David Buján, de ciencia cidadá. Conversamos con Esther Suárez e Lucía Suárz das Aulas Científico-Tecnolóxicas Isidro Parga Pondal, e con Tamara da Fundación Eduardo Pondal. Tamén contamos con David Ballesteros e o noso estreleiro Martin Pawley.