Efer 437 (6-5-18): Unha tarde no laboratorio de antropoloxía física con Olalla López Costas

Published: May 6, 2018, 9:53 p.m.

Pasamos unha tarde entre ósos e historias coa antropóloga física Olalla López Costas no seu laboratorio. Olalla é investigadora do grupo “Ciencia do Sistema Terra” da Universidade de Santiago de Compostela e especialista en paleodieta. Polas súas mans teñen pasado ósos dos principais xacementos galegos entre eles ós da Lanzada ou do Ghidoiro Areoso. Contamos co testemuño de Rafael Rodríguez e Patricia Mañana respectivos directores das escavacións nestes xacementos. O traballo de Olalla serviu para identificar unha mandíbula atopada no Ghidoiro como o primeiro resto humano que se conserva en Galicia da Idade de Ferro. O mito da peleodieta en nutrición, o descoñecido millo miúdo, os ósos radioactivos de a Lanzada, a práctica da antropoloxía física, as historias da xente común que contan os ósos, os isótopos que delatan a fonte de auga que bebes ou a túa dieta, o enigma das vikingas contaminadas por metais,... Esta tarde no laboratorio deu para moito.