Efer 430 (18-3-18): Fontaneiras do cerebro

Published: March 18, 2018, 10:08 p.m.

Cando un sumidoiro da casa atóase podemos desentupilo engadindo algún preparado comercial formulado con aluminio en po e sosa. Se a cousa ponse complicada cumprirá botar man dalgún procedemento mecánico. E xustamente cando temos atoada unha arteria cerebral (ictus isquémico) cómpre botar man de técnicas análogas. O problema - ademais da loita contra o reloxo- xurde nun pequeno grupo de doentes nos que o tratamento cos fármacos desentupidores causa a rotura do vaso sanguíneo agravando o prognóstico. Mar Castellanos, xefa de neuroloxía do CHUAC, investiga como poder predicir a que doentes non se pode subministrar estes tratamentos. Unha oínte consúltanos sobre a "memoria dos músculos". Cuestión que resolve o neurofisiólogo do Hospital Nacional de Parapléxicos de Toledo Juan Aguilar. Deborah García Bello fálanos da peza "mais guai" para xogar ao "lego químico". Con José Edelstein coñecemos á parte máis persoal do cidadán do universo Stephen Hawking.