Efer 428 (4-3-18): Un robocop con moito tacto

Published: March 9, 2018, 5:58 p.m.

Nesta edición efervescente habemos descubrir como o sentido do tacto é moito mais complexo e importante do que cremos, exploraremos un misterioso obxecto oblongo que invadiu o noso sistema solar, sabermos da gravación dunha película documental sobre o lobo en Galicia, e lembraremos como Domingo Fontán pateou o pais durante 17 anos para elaborar unha malla de triángulos que daría lugar ó seu famoso mapa. Deste xeito contaremos coa presenza de Juan Aguilar do Laboratorio de Neurofixioloxía do Hospital Nacional de Parapléxicos de Toledo, o biólogo e documentalista da natureza Arturo Menor, o escritor Marcos Calveiro e o astrónomo Borja Tosar.