Efer 427 (25-2-18): Unha tarde con Clara Grima

Published: Feb. 25, 2018, 2 p.m.

Conversamos coa divulgadora e profesora de matemáticas da Universidade de Sevilla Clara Grima sobre grafos, redes sociais, Rosalind Franklin, vacinas, divulgación e teatro. Esta semana o Grupo Interdisciplinario de Bioestatística da Universidade de Santiago organizou unha reunión científica sobre Modelado Conxunto de Datos Lonxitudinais e de Supervivencia. Grazas a esta técnica estatística é posible facer determinadas predicións tomando de base medicións tomadas repetidamente no tempo. Isto é algo que pode ser moi útil en disciplinas como bioloxía ou nas finanzas, pero especialmente no campo da medicina. En dúas pílulas reproducimos as impresións de varios dos participantes no seminario internacional que impartiu Dimitris Rizopoulos da Erasmus University Medical Center de Holanda.