Efer 426(18-2-18): Refuxiados conCiencia

Published: Feb. 18, 2018, 2:07 p.m.

Achegámonos á xornada “Personas Refuxiadas ConCiencia” organizada polo Consello da Cultura Galega. Kamal Aldalati cóntanos a súa historia como persoa refuxiada e alumno de medicina da USC. Convrsamos con Elena Vázquez Cendón (USC), José Edelstein (USC), Eleuteiroi Toro (Universidade de Trento), Gino Toro, Rania Ali Salman (USC) e Luis Enrique Otero Carvajal (Universidade Complutense de Madrid). É o poema “A presa Álvaro d´Anido” de Rosalía de Castro unha homenaxe ás “Viaxes Extraordinarias” de Jules Verne? O xornalista Henrique Neira explora esta suxestiva conexión. O 18 de febreiro de hai 150 o Nautilus visitaba literariamente os fondos de Rande. O profesor de bioloxía do IES Santa Irene de Vigo preséntanos o proxecto “12.000 libros baixo dos mares”. O “listiños” do Silicon Valley pretenden convencernos das bondades de beber auga a pelo. Deborah García Bello pon as cousas no seu sitio.