Efer 421 (14-1-18): Refrixerantes sólidos contra o efecto invernadoiro

Published: Jan. 18, 2018, 9:25 p.m.

Un equipo da Universidade de A Coruña onde participa o profesor de química Manuel Sánchez Andújar vén de crear un novo material sólido híbrido orgánico-inorgánico de estrutura perovskita con propiedades barocalóricas. Isto quere dicir que pode arrefriar ao sometelo a cambios de presión. O obxectivo é que estes materiais poidan substituír os actuais fluídos refrixerantes das neveiras xa que teñen unha importante contribución ao cambio climático. Este traballo, que integra a químicos e enxeñeiros da UDC procedentes do Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA) e dos Departamentos de Química e de Enxeñería Naval e Industrial, vén de gañar o premio 2017 de investigación da Real Academia Galega de Ciencias. Tamén conversamos con María Aymerich gañadora na modalidade de científicos novos por teren desenvolvidos dispositivos que simulan vasos sanguíneos. Deborah García Bello explícanos a polémica do glifosato e por que o seu uso é seguro. Bibiana García Visos cóntanos como se estableceu que a febre empezaba en 38ºC e con Eva Rodríguez de SINC e Ana García Vázquez saberemos o que lle aconteceu aos osos ibéricos durante os últimos 10.000 anos.