Efer 395 (30-4-17): A factoría de po interestelar

Published: April 30, 2017, 1:55 p.m.

Cando morre unha estrela xigante vermella ou estoupa unha supernova prodúcese un importante poeira espacial. Todo este po e restos de gas vagan polo espazo interestelar ata que se vai aglutinando en millóns de anos para dar lugar a novos sistemas solares, coas súas estrelas e os seus planetas. Neste proceso hai moitas cousas que descoñecemos. De aó que a Unión Europea financiase con 15 milóns de euros o proxecto NANOCOSMOS, "gas e po estalar ao laboratorio", que vai ser o protagonista do noso tempo de parolada. Contamos cos profesores de investigación do ICMM-CSIC José Cernicharo e José Ángel Martín Gago. Fátima Jardón preséntanos a Convención Internacional da Asociación Española de Papirolexía que ten lugar en Santiago. Con Deborah García Bello descubrimos o azucre aparentemente oculto dos alimento. Mercedes Novo invítanos a unha nova edición do Campus de Verán Xuvenciencia.