Efer 387 (5-3-17): Mates en bares e guerra de patentes

Published: March 6, 2017, 12:09 p.m.

Elena Vázquez Abal é especialista en xeometría diferencial, polo que para esta profesora da USC todas as curvas teñen o seu aquel. Elena tamén é unha apaixonada da divulgación científica, e xunto con actor César Goldi rememoran os gloriosos tempos nos que percorreron o país de bar en bar falando de matemáticas. A tecnoloxía CRISPR de edición xenética esta revolucionando o traballo dos laboratorios de investigación de todo o mundo, pero aínda non chegou a industria. Isto é así por que está aberta unha guerra de patentes entorno a un negocio multimillonario entre a Universidade de California con Jennifer Doudna e Emmanuelle Carpentier (premio Princesa de Asturias de Investigación) e Instituto Broad do MIT liderado por Feng Zhang. Un tribunal de patentes estadounidense ven de determinar que a técnica de Zhang para aplicar CRISPR en células eucariotas é patentable e non interfire coa demanda de patente máis xenérica presentada pola Universidade de California aínda sen resolver. As espadas están no alto, e mesmo pode pasar que sexa necesario pagar licencias aos dous bandos para traballar nestas tecnoloxías nos laboratorios privados. Atentos. E entre medias escoitaremos algún dos mais interesantes aforismos de Jorge Wagensberg na voz do seu autor.