Efer 378 (1-1-17): Un ano de ciencia nunha hora de radio

Published: Jan. 2, 2017, 8:54 p.m.

Programa especial de aninovo no que que entre canción e canción repasamos o mellor do ano no mundo da ciencia. Entrevistamos á portavoz de LIGO Gabriela González, investigadora do ano segundo Nature, a "espías das ondas gravitacionais". Participan César Goldi, Deborah García Bello, Borja Tosar, Xosé Luís Veiga Goy, David Ballesteros e José Edelstein.