Efer 373 (27-11-16): Ciencia cidadá e mates industriais

Published: Nov. 27, 2016, 3:40 p.m.

Grazas a ciencia cidadá a xente de a pé podemos achegar o noso pequena colaboración en proxectos de investigación de todo tipo. Nesta edición efervescente presentamos "Forest 112" - monitorización de pragas e especies invasoras nos nosos bosques - e "Big Bell Test" - xeración de números aleatorios para que laboratorios de óptica cuántica leven a cabo o test de Bell - Conversamos con Elena Vázquez Cendón, investigadora do grupo de enxeñería matemática industrial da USC. Grazas á simulación numérica a industria resolve problemas, desde o enchido de lagos como o de As Pontes ata os programas de procesado de datos espectroscópicos que empregan os químicos en todo o mundo.