Efer 370 (6-11-16): Pódese previr o alzheimer?

Published: Nov. 6, 2016, 4:04 p.m.

Jordi Camí é o director xeral da Fundación Pascual Maragall. Polo de agora todos os fármacos desenvolvidos para curar o alzheimer en humanos teñen fracasado. Quizáis se aplican demasiado tarde. As novas estratexias apuntan cara a prevención. O Estudio Alfa da Fundación Pascual Maragall explora esta liña xunto con outros proxectos europeos. En paralelo xorden cuestións éticas ás que cómpre dar resposta. A boa nova é que aparecen indicios de que os elementos de vida saudable que protexen ao corazón tamén teñen efecto como reserva cognitiva. Déborah García Bello amósanos como unha mala publicidade pode encubrir interesantes desenvolvementos en I+D. Facemos un cruce de micros con Falamelide do IES de Melide, unha das radios escolares mais veteranas de Galicia. Entrevistamos ao director do Centro Oceanográfico de Xixón Javier Cristobo.