Efer 367 (16-10-16): A maxia da Noite Efervescente no observatorio de Cotobade convertida en radio

Published: Oct. 16, 2016, 8:09 p.m.

Por cuarto ano os de Efervesciencia xunto cos nosos estreleiros argallamos unha noite de observación pública do ceo para todos. Acollidos pola Agrupación Sirio xuntámonos mais de 60 persoas no observatorio astronómico de Cotobade. Ademais de Sirio acompañáronnos os amigos da Agrupación IO e as asociacións Amipa da Comarca do Sar e Chamorro de Narón (Liga Provincial de Clubs de Ocio de Persoas con Discapacidade Intelectual da Coruña). Nesta festa da astronomía para todos tivemos un pouco de lúa, ceo estrelecido e a mellor compaña. Unha experiencia que é posible revivir grazas a maxia da radio.