Detección de quorom contra placa dental

Published: Oct. 30, 2016, 8:12 p.m.

O boicot da comunicación entre as bacterias é unha estratexia novidosa contra a placa dental. A microbióloga da USC Ana Otero coordina un proxecto multidisciplinar que explora esta vía, e que vén de recibir o premio 2016 de transferencia de tecnoloxía para grupos de investigación da Real Academia de Ciencias.