De como un auténtico Leeuvenhoek rematou en Galicia con Tomás Camacho

Published: June 15, 2016, 7:39 a.m.

O único microscopio Leewenhoek autentificado do mundo pertence á colección dos médicos Pallas-Camacho. Actualmente se exhibe no Museo de Historia Natural da USC xunto cun exemplar de Micrographia de Robert Hook. O doutor Tomás Camacho cóntanos como adquiriu esta xoia en e-bay pola que pedían 50 €. Unha historia fascinante onde as haxa. Tamén conversamos co restaurador de artesanía e instrumentos científicos Rafael San Marcial.